Nota do Concello de Pontecesures polo falecemento de Sánchez Agustino.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con tristura, recibimos en Pontecesures a nova do falecemento de José Luis Sánchez Agustino, presidente da Fundación da Ruta Marítimo Fluvial Xacobea Arousa Ulla. Home entrañable e bo comunicador, foi Agustino (como lle diciamos todos) un loitador incansable por defender esta ruta. Foi o creador do tradicional remonte do río Ulla para conmemorar a Ruta, o autor de numerosas publicacións e estudos históricos sobre o percorrido do Apóstolo e o xestor e impulsor na potenciación deste camiño xacobeo diante das institucións e da opinión pública.
Dende o Concello de Pontecesures só temos verbas de agradecemento para Agustino. Sempre estivo connosco nas nosas celebracións (nas festas da lamprea era un clásico que nunca fallaba, prestixiando a festa e o exquisito manxar do Ulla que tanto apreciaba, e nos contaba anécdotas sempre de interese). Una mágoa que se nos fose precisamente no Ano Santo, no que estaba a preparar con enorme ilusión o remonte tan espectacular previsto neste 2010.
A corporación de Pontecesures quere trasladarlle o séntido pésame á familia. Descanse en paz o insigne amigo de todos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.