As brañas de Laíño merecen un futuro mellor.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Unha vez máis parece que sae do baúl o proxecto dese paseo con embarcadeiro que o Concello de Dodro quere levar adiante nas brañas de Laíño. Non hai moito nesa zona víanse lontras que agora xa non están. Debía ser un dos poucos sitios de Galicia no que se atopaban cómodas. E como elas algunhas especies máis. Eu pregunto se paga a pena eliminar a natureza para gañar sitios de ocio. E que os homes non teñen xa lugares dabondo para divertirse que aínda hai que matar a pouca natureza que temos (cada vez menos) para encher de cemento, troncos traídos de sabe Deus donde, e coches o sitio máis bonito do Concello.

Carta ao Director de TIERRAS DE SANTIAGO.
Víctor B. (Dodro)


1 comentario

sobreiras · 17-02-2010 a las 20:01

Todo o apoio a carta, unha zona importantisima querena escarallar, que fagan un sendeiro pa pasear como moito e que melloren as augas do Ulla e que deixen a natureza en paz.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.