Mañá visita Pontecesures o Subdelegado do Goberno.
Chegará ás 12:15 horas á Casa do Concello e será recibido pola alcaldesa e polos representantes dos grupos municipais que manterán unha breve entrevista con Delfín Fernández.
Ás 12:30 horas comezará a percorrido da comitiva polas rúas onde se desenvolveu o Plan E 2009 (Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García). Na Plazuela da vila, tamén remodelada con cargo ao Plan E 2009 tanto o subdelegado como a alcaldesa farán unha declaración pública. A visita remata ás 13:15 horas.
0 comentarios