Mª Fernanda Cimadevila, profesora no obradoiro de emprego de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Das tres persoas que pasaron á entrevista de selección que se celebrou hoxe en Vigo só se presentaron dúas. Non o fixo, Manuela Boga Fernández, que tiña a mellor nota de currículo (4,09 puntos).

Presentáronse así dúas aspirantes que levaron a mesma nota na entrevista (2,45 puntos). Como Mª Fernanda Cimadevila Caamaño, tiña de currículo 3,42 puntos, mentres que Mª Josefa Somoza Longo, tiña 1,50, a primeira tivo a mellor puntuación global e resultou elixida polo grupo de traballo mixto.

A xornada de traballo é de seis horas semanais.


3 comentarios

Cara de cona · 8-03-2010 a las 18:17

Saba…..como na canción da zarzuela: «siempre me dices lo mismo…..»

sobreiras · 8-03-2010 a las 18:25

Nin enchufes, nin farrapos de gaita. Aquí só entran os do bloque.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-03-2010 a las 19:47

Non sei a que veñen estes comentarios. Das dúas aspirantes que se presentaron á entrevista, foi seleccionada a que tiña a mellor puntuación, con diferenza, no currículo. Por suposto, teño unha total confianza no grupo de traballo mixto do obradoiro. Pouco máis hai que dicir, só felicitar a Mª Fernanda Cimadevila.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.