O CPI Pontecesures inviste máis de 21.000 euros, para dotar da Internet a todas as aulas.
Con cargo ao programa «Abalar», a Consellería de Educación concedeu áo CPI Pontecesures unha subvención de 7.900 euros para levar o cableado especial de acceso á Internet ás aulas de 5º e 6ª de Primaria e a 1º e 2º da ESO.
Pois ben; o centro decidiu dotar deste cableado non só aos cursos subvencionados, senón tamén a todas as aulas de Primaria e da ESO, afrontado cos fondos do colexio o resto do custo económico que en total ascendeu a uns 20.200 euros.
Deste xeito, nas aulas vai ser posible conectar en rede todos os portátiles co ordenador do profesor.
As aulas de educación infantil xa contan cun sistema WIFI do centro.
Quérese salientar o paso importante que da a CPI Pontecesures para mellorar a educación dos alumnos/as coa incorporación das novas tecnoloxías, e o esforzo económico que realiza para conquerir este logro tan importante.
0 comentarios