Segue cortado o carril da nacional, preto da ponte romana.
Pola mañá houbo na zona unha colisión de tres coches por alcance, a carón da estación de servizo da rúa José Novo Núñez. Sen dúbida afectou a choiva de primeira hora no accidente, no que non houbo feridos.
Persoal da empresa que leva a cabo os traballos de Telefónica, e o encargado de regular o tráfico e utilizan as sinais de man non precisándose semáforos. Fóra da citada colisión, a xornada desenvólvese con normalidade.
0 comentarios