O Concello de Pontecesures solicita unha subvención para contratar 25 desempregados.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

NOTA DA CONCELLERÍA DE RELACI?NS INSTITUCIONAIS DE PONTECESURES.

Ao abeiro da Orde de 19/02/10 solicitáronse á Consellería de Traballo subvencións para contratar desempregados para desenvolver as seguintes actuacións:

1. Mantemento e limpeza das instalacións, locais e xardíns do concello. 18 traballadores. (14 peóns, 2 oficiais 1ª e 2 limpadores)

2. Atención ao cidadán na Casa do Concello, Biblioteca Municipal e locais municipais varios. 4 traballadores. (3 auxiliares administrativos e un conserxe)

3. Reforzo da Oficina Técnica Municipal de Urbanismo. 1 traballador. (arquitecto técnico)

4. Reforzo do servizo se seguridade municipal. 2 traballadores para tarefas relacionadas co Ano Santo 2010 (atención a peregrinos do Camiño Portugués, Ruta Xacobea Marítimo Fluvial, etc…)

Na oficina do técnico de emprego situada na Casa do Concello (986/564403), facilítase todo tipo de información aos desempregados interesados nestes programas, sendo moi importante que os datos do desemprego estean actualizados canto antes na oficina de Vilagarcía que é o organismo onde se vai presentar a oferta de emprego por parte do concello unha vez resolto o expediente da subvención co número exacto de traballadores concedidos.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.