Sae o anuncio de licitación para a contratación das obras do albergue de peregrinos de Pontecesures.
A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia (SPI) ven de publicar un anuncio de licitación para a contratación das obras de 5 albergues de peregrinos entre eles o de Pontecesures que estará situado onde se atopan as antigas escolas de mestres, a carón do CPI Pontecesures.
O orzamento da obra é de 371.936,57 euros (que son afrontados pola administración autonómica na súa totalidade), o prazo de execución é de 6 meses e o contratista debe estar clasificado no grupo C, subgrupo 4, categoría d.
O prazo de presentación de ofertas remata o 13 de maio ás 12 horas e as propostas económicas serán abertas o 15 de xunio de 2010 na Sala de Xuntas do SPI en Santiago.
O goberno local quere expresar a súa satisfacción pola aprobación do expediente de contratación da obra, esperando que o albergue de peregrinos sexa unha realidade canto antes.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais.
0 comentarios