Estanse a desenvolver con celeridade tres obras do Plan E 2010.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Son as seguintes:

-O saneamento da variante da rúa do Campo de Porto, xa está practicamente rematado, coas tubarías e as tapas de rexistro instaladas. Tan só queda pendente a preparación do firme do camiño, logo da acción da maquinaria.

-No campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures, arranxouse a parte do muro de cerre perimetral que tiña risco de derrubo, nun dos fondos. Tamén foi practicamente rematada a beirarrúa no vial que separa o campo de fútbol das casas de protección oficial. Queda pendente a preparación do almacén baixo a tribuna e a colocación de iluminación na mesma.

-No polideportivo municipal, estase a construír unha varanda de separación entre os asentos da tribuna e os corredores. En breve serán substituídas as portas vellas e serán colocados os asentos de plástico que faltan na propia tribuna.
.
Luis Ángel Sabariz Rolán.
Concelleiro de Relacións Institucionais.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.