A Casa-Museo de Rosalía acolle hoxe un acto cultural.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Casa-Museo de Rosalía de Castro acolle esta tarde a partir das sete e media o acto institucional de homenaxe ao autor ao que estivo adicado o 17 de maio, Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra. Deste xeito, a institución rosaliana súmase aos actos e actividades que se celebraron por todos os lugares de Galicia na honra do poeta. No caso da Casa-Museo, a cita é no auditorio e, coma sempre, está aberta a todo o público que desexe asistir. Conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de A Coruña.

LA VOZ DE GALICIA, 25/05/10

Categorías: Cultura

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.