Pontecesures pedirá axuda para pavimentar os anexos de campo de fútbol.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

? abeiro da Orde de Presidencia de 20/04/10 o Concello de Pontecesures vai solicitar unha subvención para botar un pavimento de formigón a un dos laterais do campo de fútbol “Ramón Diéguez” de Pontecesures.

O goberno local apostou sempre por investir nesta instalación deportiva. Así foi dotado o campo de herba artificial mediante un convenio coa Deputación de Pontevedra e recentemente, remataron as obras do Plan E 2010 con arranxo dunha zona danada do muro perimetral de cerre, acondicionamento dun local baixo a tribuna, e colocación de alumeado na propia tribuna.

Co pavimentado deste lateral preténdese eliminar un problema que temos xa que a herba natural deste espazo que está en plano superior ao campo de xogo, cae sobre a herba artificial e incluso enraíza danando o material sintético. Agora temos un importante problema de mantemento pola causa apuntada.

Elaborouse así un orzamento de 54.096,59 euros para esta obra esperando que se nos conceda o 75% do importe. Contémplase o pavimentado da zona de paso dos espectadores ata a tribuna e a colocación dunhas rochas ornamentais no recinto.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.