Excursión da A.N.P.A. a Marcelle (de como merquei unha moto e me empaquetaron un patinete)
Enviado a pontecesures.net
Sábado 12/06/2010, quedada no colexio ás 8:30, chegada da organización 8:50, saída 9:20, chegada a Marcelle 11:10. O parque natural de Marcelle e un lugar de extraordinaria beleza, natureza pura e atención excelente.
Á chegada dividen ós nenos en diferentes grupos segundo idades e ós adultos en dous grupos, facemos un total de 120 persoas. Nenos e adultos pasámolo estupendamente percorrendo un paraíso e ansiosos coas actividades que nos agardan como talleres de reciclaxe, tiro con arco, visita en tren á reserva… Con estas expectativas xuntámonos para xantar nunha carpa bastante escasa para 120 persoas. ? chegar os monitores sentan ós seus rapaces en mesas por grupos e os adultos séntanse onde poden.
Logo de agardar media hora á chegada do catering, durante a que os monitores repartiron garfos, coitelos, pratos e vasos (todo de plástico) coas mesmas mans que algúns tocaron animais na nosa presenza (descoñezo se posúen ademais o carnet de manipulador de alimentos).
Como era de esperar serviron primeiro ós cativos, aínda que a comida daba vergoña (poucos macarróns con carne e 1 filete de polo empanado) o problema veu á hora de cortar cun coitelo de plástico ?s adultos servíronlle ensaladilla de pasta, tortilla, empanada (todo máis fácil para os cativos) e carne estofada. Bebeuse auga aínda que os adultos tiveron o privilexio de ter tanta cervexa que mesmo sobrou. Non tiveron a mesma sorte coa Coca-cola, con 5 botellas de 2 litros para 60 adultos. Mención aparte merecen os dous menús especiais dos dous compañeiros con alimentación especial que nos acompañaron, un diabético e un alérxico ó ovo. Se o resto da comida deixou moito que desexar isto foi de pena, tendo en conta os motivos da dieta. O que ía ser cadansúa bandexa de catering cun menú adecuado a cada un, quedou nun filete de polo á prancha para cada un e un platilliño de pasta para compartir, e cando chega a hora do postre, iogur para os nenos e torta para os adultos. A estes compañeiros trouxéronlle unhas froitas e déronlle o iogur porque unha das nais o pediu ó ver que os deixaban sen el.
A todo isto, a organización a día de hoxe aínda non preguntou que tal os menús especiais, nin se molestou en comprobar que o contratado para estes compañeiros estivese de acordo co pactado, nin preguntou ós pais se era o solicitado para estas situacións especiais.
Bueno, deixando a comida, e ansiosos por visitar a reserva natural subidos nun tren que nos permitira ver ós animais en liberdade, vólvense organizar os grupos e pasamos a ver a reserva nun tren inexistente, co que alguén debeu soñar, flipar, alucinar, imaxinar (chamádelle como queirades) cando nos explicou a viaxe, porque o tal tren nin existe nin nunca existiu. A reserva sen dubida foi un autentico luxo e un espectáculo marabilloso e digno de repetir (aínda a pe). Logo diso aínda nos esperaban máis sorpresas en forma de talleres (tamén inexistentes) que quedaron en tiro de corda e carreiras de sacos, que aínda que memorables, se podían facer sen dúas horas de bus, sen pagar entrada, sen pagar monitores por exemplo, en algunha das festas de actividades (comprade ovos, culleres, corda, sacos, festa da espuma e listo).
A esa hora, tan só dúas horas despois de comer moitos nenos choraban a seus pais pola merenda, supoño que grazas ó menú de antes.
Resumindo:
- Prezo (sendo moto): asequible.
- Prezo (sendo patinete): careiro.
- Comida: mala.
- Organización: pésima.
- Recomendación: todo aquel que poida que non se perda esta visita. ? un lugar digno de visitar 100 veces, so tende coidado coa organización. Non o perdades.
25 comentarios
sobreiras · 14-06-2010 a las 17:53
O tempo sempre pon a cada un no seu sitio. Sabariz…detrás vendrá quien bueno te hará
arredemo · 15-06-2010 a las 16:07
Vaia por diante que comparto algunhas das críticas ao parque natural de Marcelle en canto ao xeito de como organizaron a visita. O que non comparto en absoluto son os comentarios dirixidos á directiva da ANPA. Si quen escribeu creía que podía facelo mellor, que dera un paso a fronte nas últimas eleccións da ANPA e se postulase coma candidato (aínda que o máis seguro é que nin siquera vaia ás reunións?). En calquera caso, o máis sinxelo é criticar o traballo das compoñentes da directiva e non colaborar nas actividades nin na organización das mesmas.
eolo · 15-06-2010 a las 16:13
Despois dun día extraordinario, ven alguén así e o j….e
Eu fun a esa excursión, e realmente paseino de medo. Descoñecía que o fulan@ este lle ian poñer un trenciño e que o seu menú tiña que ser servido por persoal do Hilton. ¿acaso non sabía que ia a un parque natural?. Onde está o importante. ¿que a organización non foi boa? diralo tí, pola miña parte non teño queixa.
Descoñezo o tema das dúas persoas con restriccións alimentarias, pero xa me entararei e comentarei.
As apreciacións que aquí se fan, como ben dis, son dun auténtic@ flipado e alucinado.
O que verdadeiramente conta e como ó pasaron os nenos. Os meus quedaron encantados, e eu tamén.
DON PEPITO · 15-06-2010 a las 17:48
Eu fun a excursión e paseino moi ben e o meu fillo tamen. E penso que a maioria da xente que foi pensa o mesmo. Aprobeito para felicitar a ANPA por todo o traballo que estan facendo polos nosos nenos, gracias.
souto · 15-06-2010 a las 21:16
Eu fun a excursion e as críticas do artigo parecenme fora de lugar.
Podo dicir que os nenos levaronnos os lavabos para lavar as mans antes de comer e os monitores tamén pasaron polo mesmo sitio.
A comida e bebida foi correcta, domostrase que foi abundante en ninguén se queixou.
Sobre a organización por parte da ANPA, o meu recoñecemento e agarimo. Gracias polo voso traballo desinteresado. Só un pero…., olvidáronse do tren chu-chu para o iluminado darriba.
sofia · 16-06-2010 a las 13:15
yo me lo pase muy bien en la escursion y mis dos hijos tambien .lo que pasa esque ya a primera hora de la mañana habia un matrimonio que venian ya mal de casa creo, que estuvieron toda el dia criticanto todo que se hacia el mas que ella .pero bueno lo pasamos todos muy bien !!!!!!!!
flora · 16-06-2010 a las 16:04
Unha excursión estupenda. A elección do lugar e a organización excelentes!! Os rapaces estiveron atendidos en todo momento e lle lavaron as mans! A comida foi boa (tendo en conta que estabamos nun parque natural) e dabondo: os rapaces repetiron as veces que quixeron e ata sobrou para coller para a noitiña. Mágoa que @ flipad@que publica fose a outra excursión, esta foi estupenda; o tren chu-chu é na Pascua en Padrón! Calidade-precio todo incluido: onde vives? 10e neno,20 maiores. Unha crítica constructiva agradecese, ésta(totalmente destructiva) da noxo. Sintoo moito por ti e os teus que non desfrutáchedes nada despois do longo traballo que hai detrás pola ANPA.
sobreiras · 16-06-2010 a las 16:51
Estádesvos pasando un pouco coa persoa que fixo a crítica, que foi respetuosa, explicouse moi ben e eu diría que «nin tanto alá, nin tanto acá»
souto · 16-06-2010 a las 17:10
sobreiras, ¿ti fuches a excursión?. Dame o corpo que non.
Si foras daríaste conta que o artigo e totalmente tendencioso e con moi mala baba.
Alguén que opina que foi cara, con entrada ao parque, guias, comida e transporte, non está ben da cachola.
DON PEPITO · 16-06-2010 a las 17:36
Non creo que nos estemos pasando, o contrario, estamos dando a nosa opinión tal e como fixo a persoa que escribeu a carta.
patito · 17-06-2010 a las 20:12
Non estabamos a falar da excursión?
Sobreiras eres un pesado, aquí Sabariz non pinta nada. Que ganas tes de ofender. Se non foches a excursión espabila para a próxima pero deixa de molestar. Os teus comentarios non pintan nada. E por certo, sal do armario e dille xa que estás namorado! Pelmazo! Vives no pasado e estamos no presente, un pouco de apoio por favor!!!!!!!!!!!!!
Os da ANPA merecen o noso apoio, que pinta Sabaríz agora? NADA!
sobreiras · 16-06-2010 a las 18:09
Eu digo que hai que aguantar as críticas, pois mira que aguantou Sabariz asambleas con mais de 50 persoas, e algunhas das da apa de agora rindose del, mira que non organizou excursións as Cíes, a Cerceda, a Manzaneda, festivais, actos, actividades, sempre o pe do cañon anos e anos e nunca oín que se lle agradecera nada, e non falaba de polítíca nos actos, o en cambio o día na Maty no das letras galegas a da apa do altavoz a facer política co galego, que para mais coña sempre fala en castelan, hai que encaixar as críticas e deixarse de exaltacións, todos temos algo que rascar.
eolo · 16-06-2010 a las 18:48
Vaia por diante. Quen participa en calquer organización, xa sexa política, sindical, asociacións veciñais, Anpa, ou calquer outra, sen ánimo de lucro. Ten o meu máximo respecto.
Pódense verter críticas, sí, pero non dun xeito que menoscabe o traballo dalgunha xente, e sobre todo cando se trata dunha festa para os nenos.
Sobre o tema de que a Sabariz non se lle agradecera o seu traballo, non estou dacordo, nin tampouco é o tema que eiquí tratamos. O seu problema (penso) é que a súa actividade política condiciona as outras actividades. ? Sabariz (político), como home público, ten que soportar (que non aceptar) todo tipo de críticas.
flora · 16-06-2010 a las 19:20
Sobreiras, penso que ningún de nos se pasou coa súa opinión. Sí penso que un escrito así non se publica para dar unha opinión, esto está feito a mala fe e así o pensan moitos máis porque se non non veriamos tantos escritos ó respecto.
Aquí comentabamos a excursión non a actividade de Sabariz. E tampouco ven a lugar a crítica para a rapaza da ANPA; supoño eu que defender a lingua galega o día das letras galegas é un feito loable que non ten que ver coa política de cada un, e se alguén pensa que sí…onde imos chegar!!!!!!!!!
Coma eolo, todo aquel que traballa en organizacións sen levar un euro a cambio, ten o meu respeto e a miña admiración.
Para a ANPA: non vos desanimedes, pois nunca tantas actividades extraescolares tiveron os nenos, nin tantas excursións tan boas nin tantas festas e dedicación. Lembremos que aquí o importante son os nosos nenos.
patito · 16-06-2010 a las 20:48
A verdade é que eu agardaba viaxe en limusina coa organización abrindome a porta, un clima excelente, tiro con arco con monitor de coca-cola light, tren das reservas naturais canadienses, carpa digna da miña presencia, a Isabel Preyster con vaixela de porcelanosa, servicio de catering con oito brazos, «carne estofada»(inexistente, era xamón asado) de Ferrá Adriá…
Todo 20 euros.
A organización: un desastre, de pena. Aínda estou agardando a masaxe de George Clooney e o concerto prometido de Julio Iglesias.
ANPA ben, excursion ben, sen mais , bicos a todos.
Cara de cona · 17-06-2010 a las 17:13
Carai…que nadie critique a esta anpa ….si o fas desterrante do pobo…..moi boa a crítica da da anpa do microfono na Maty….que non fai esta política?……..todo a favor do consorte e da tropa de angueira…e logo cando estaba no obradoiro de angueira? ….que discursos aos compañeiros na campaña electoral……tamén foi figura no pleno que joderon a angueira da alcaldia……houbo tres grandes figuras aquela maña, manolo o cacharro co berro a pulmón de acabouse a dictadura…..o do psoe das barbas prehistórico de cordeiro que lle berrou o medico e o Saba cando ahuecaban……..e esta da anpa que exclamou cando votaban a da escola…..que hijos de puta….e dixoo en castelan….jo…jo…jo…
eolo · 17-06-2010 a las 23:33
cara de cona. ¿Equivocácheste de fio ou xa non regulas?
flora · 18-06-2010 a las 17:46
Cara de cona estás totalmente fora de lugar.
sobreiras · 17-06-2010 a las 17:49
¿Quén dixo que na etapa do Sr. Sabaríz non había actividades?. Precisamente foi con el, cando o colexio empezou a ter un montón de actividades, pois os anos anteriores foron bastante tristes neste sentido, nin había actividades escolares, nin extraescolares. Mirade, con el fíxose o ximnasio, cambiouse a cuberta do pabellón, fíxose o patio cuberto, púxose unha mampara de cristal na entrada de Infantil, o parque dos pequenos, cambiouse o cierre exterior, etc. En canto a actividades, pois mirade : baile galego, pandereta, gaita (formouso o grupo algueirada, que continúa, con compoñentes que xa son universitarios), danza clásica (con profesora titulada), pintura (pero unhas clases moi boas, con unha profesora profesional), informática, inglés, xadréz, kárate, e máis que xa non lembro. As excursions e festivais de fin de curso eran fabulosos. O que pasa e que os pais/nais que sodes máis novos non lembrades nada desto, nin vos lembrades cando o colexio estaba olvidado das mans de Deus, afortunadamente encontráchedes todo feito, e moi ben feito, pouco máis se pode pedir. Dende aquí, que nunca o fixen, quero agradecerlle o Sr. Sabaríz e o resto de membros da Anpa que el presidia todo o seu traballo, que non foi pouco, polo ben dos nosos fillos/as. Con que as dirixentes que están ahora o fagan a metade de ben xa será suficiente.
caja no caldeiro · 17-06-2010 a las 17:57
non hai dereito a bronca para o que criticou a anpa, hai que apandar, como pode citarse a uns neniños para as 8,30 e chegar os organizadores as menos dez?, como pode perderse casi unha hora en sair impedindo que os nenos estiveran mais no parque?
KELLY · 17-06-2010 a las 18:24
Hola, eu vou dar a miña opinión a todo esto, vendo a critica a anpa , pensó que foi alguien da anpa, pois sabía en total os que fomos a excursión, si había alguien diabetico ou non, si había alguen con alerxia a ovo, eu como excursionista, non o sabía nin tiña porque sabelo, ou eran as persoas que tiñan problemas pola diabetis que contaron exactamente as persoas que fomos, a excursión o sabe moitos detalles para ser un pai ou nai cabreado, a excursión estivo moi ben, pasamolo en grande, gracias a anpa e tamen a Sr Sabariz, por todo o que fixo a el e a todos os que estaban na anpa con el.
arrevolussion · 17-06-2010 a las 18:28
o que máis me justou de todos, foi «Sobreiras» coñece todalas obras, actividades, cultos e demáis ritos levados a cabo polo señor Sabariz, ¡espelusnante!
estudiante · 17-06-2010 a las 20:00
Ole pa sobreiras e pa sabaris , si son diferentes, e senon pao o mismo.
Ole, ole y ole
patito · 17-06-2010 a las 20:14
Publicado 17-06-2010 en 20:12 | Permalink
Non estabamos a falar da excursión?
Sobreiras eres un pesado, aquí Sabariz non pinta nada. Que ganas tes de ofender. Se non foches a excursión espabila para a próxima pero deixa de molestar. Os teus comentarios non pintan nada. E por certo, sal do armario e dille xa que estás namorado! Pelmazo! Vives no pasado e estamos no presente, un pouco de apoio por favor!!!!!!!!!!!!!
Os da ANPA merecen o noso apoio, que pinta Sabaríz agora? NADA!
eolo · 17-06-2010 a las 23:31
Penso que eiquí non merece a pena seguir coa discusión de si a excursión estivo ben ou mal.
Algúns «comentaristas» tratan de levar o tema a un campo que nada ten que ver co da excursión.
Tratar de confrontar esta anpa coa anterior, paréceme ridículo