Mañá, 24 de xuño, pleno extraordinario
Será ás 12:30 horas coa seguinte orde do día:
1. Acta anterior
2. Proposta da alcaldía sobre baixa da contía das retribucións do cargo de alcaldesa de Pontecesures.
3. Moción do PP sobre a reducción dos salarios dos cargos electos.
4. Proposta dos concelleiros non adscritos sobre baixa da contía das indemnizacións dos membros da corporación por asistneica a sesións.
A sesión da Comisión Informativa de Contas, Facenda e Patrimonio tivo lugar o luns. As tres propostas foron dictaminadas favorablemente cos votos da alcaldesa, Javier Quintá (PP) e Luis Sabariz (non adscrito), e coa abstención de Margarita García Castro (BNG).
No punto 2º proponse reducir as retribucións da alcaldesa nun 6% segundo a táboa da FEMP, no 3º o PP propón tanto para a alcaldesa como para o primeiro tenente de alcalde (Rafael Randulfe, PP) a baixa do 6% segundo a táboa orientativa antedita, e no 3º solicitase a baixada de 24,04 a 20 euros a indemnización por asistencia a cada sesión de pleno, xunta de goberno ou comisión informativa.
0 comentarios