Traballo destina 70.000 euros para os desempregados cesureños.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Consellería de Traballo e Benestar ven de comunicar ao Concello de Pontecesures as seguintes subvenciós con cargo aos programas de fomento do emprego 2010:

-Programa “Atención ao Cidadán”. Vanse contratar dous auxiliares administrativos para as oficinas municipais e un conserxe a tempo total por 10 meses. Importe da subvención: 37.598,40 euros.

-Programa “Reforzo da oficina de urbanismo”. Vaise contratar un arquitecto técnico a tempo total por 10 meses: Importe da subvención: 16.682,20 euros.

-Programa “Reforzo da seguridade municipal”. Vaise contratar un traballador para tarefas de protección civil a tempo total, por 9 meses. Importe da subvención: 16.338,87 euros.

O luns 28 de xuño, o Concello de Pontecesures vai presentar as ofertas de emprego destes 5 postos na Oficina de Vilagarcía, para que envíen a preselección de desempregados, logo de realizar a sondaxe. Un tribunal do concello realizará despois a selección definitiva. A prestación debe comezar antes do 30 de xullo.

Faise un chamamento aos desempregados interesados que comproben e actualicen os datos da súa inscrición na oficina de Vilagarcía, aos efectos oportunos.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.