A Cacharela, campión da Copa de Futbito en Valga.
O 5-4 do marcador da fe da trepidante final da Copa de Futbito Veterán de Valga, con triunfo para o A Cacharela/Karymo fronte ao JLL/Benjamín Ramos. O Bar Muelle, pola súa banda, impúxose xusto antes na final de consolación, facéndose co terceiro posto do torneo a costa do A Palmeira por 3 goles a 1.
O cadro de honra do campionato de Valga complétase co título ligueiro do A Palmeira, que tamén se levou o trofeo á deportividade, a copa ao máximo goleador para Javier Vázquez, e o trofeo a Carlos González como porteiro menos goleado.
Os responsables do campionato de veteráns valgués organizarán o seu torneo de 24 horas o 10 e 11 de xullo.
LA VOZ DE GALICIA, 01/07/10
0 comentarios