O xoves 15 de xullo, selecciónanse os traballadores dos programas de cooperación 2010.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Concello de Pontecesures solicitou na oferta de emprego o envío dende a Oficina de Vilagarcía un mínimo de cinco desempregados por praza.

Para ás 9:30 horas están citados na Casa do Concello os aspirantes ao posto de arquitecto técnico (unha praza, dez meses).

Para ás 10:30 horas están citados na Casa do Concello os aspirantes ao posto de técnico en protección civil para funcións de seguridade (unha praza, nove meses).

Para ás 12:00 horas están citados na Biblioteca os aspirantes aos postos de auxiliar administrativo e conserxe (dúas prazas de auxiliar e unha de conserxe, dez meses).

Un tribunal formado por persoal do concello será o encargado de realizar a selección.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.