O Concello de Valga ten que devolver ao Estado 381.646,45 euros.
Con cargo á Participación de Tributos do Estado 2008, Valga percibiu en 2008, 1.377.185,95 euros. Na páxina do Ministerio de Economía e Facenda ven de publicarse a liquidación definitiva desta participación en dito exercicio, que ascende a 995.539,50 euros. En consecuencia ten que devolver 381.646 euros.
Eso ocorre porque o Goberno Central foi demasiado optimista nos cálculos da recadación fiscal. A crise botou por terra as previsións e agora pasa isto.
A FEGAMP está a solicitar unha moratoria para que as cantidades se comecen a devolver en 2012.
0 comentarios