Retirada dos postes da rúa San Lois.
Na rúa San Lois, nº 32, centro urbano da vila hai dende hai anos dous postes de madeira onde se apoian uns cables grosos do tendido eléctrico, que foron colocados de xeito provisional na beirarrúa para alimentar un edificio de nova construción.
Co edificio rematado, soterráronse os cables, logo de solicitalo a promotora (expte. 248306090321) realizando a obra a empresa ELYME de Vilagarcía de Arousa, que xa rematou os traballos hai máis de dous meses. Agora tan só queda retirar os vellos postes e o cable groso.
No día de onte solicitouse a Dona María Luísa Álvarez Rodríguez do departamento de obras de Gas Natural – Unión Fenosa que a retirada sexa inmediata. Esteticamente a imaxe é lamentable coas columnas algo escoradas, con queixas veciñais de cotío e dándose unha sensación de abandono que prexudica a esta institución.
0 comentarios