5 anos de Pontecesures.net

Publicado por Antonio Cortés en

Ya van máis de 5 anos dende que comenzou Pontecesures.net.

Neste tempo publicaronse máis de 10.000 entradas sobre todo o que acontence no noso concello e o noso entorno.

O número de comentarios supera os 12.000, dos cales só 110 (menos do 1%) están en moderación (ocultos), dos cales o 70 % están moderados (ocultos) por estar duplicados, e o resto por incumplir as normas (foras de tema na maioría dos casos).  Algo realmente inusual, xa que estamos falando de que cada 1.000 comentarios só hai 3 que non deben estar (segundo as normas e a normal convivencia), cantidade marxinal a que non estamos acostumados en Internet, onde os comentarios de fora de tema e similares poden estar, dependendo da temática da web, entre o 30% e 60%. Esto di moito de todos os que fan e comentan en Pontecesures.net, onde a retranca, a crítica (constructiva ou non), a opinión libre e a divulgación de información faise cunha corrección (en xeral) que fai que este pequeno sitio en Internet esté vivo.

Non podo máis que dar as gracias a todos os que fan, colaboran e len pontecesures.net, lembrando que está aberto a calquera información que se desexe publicar, só hai que rexistrarse e indicar que se quere colaborar (mediante un correo a redaccion@pontecesures.net) , e ó momento se lle dará o perfil de autor (pode publicar entradas directamente), si queremos informar de algo está na man de cadaquén facelo, non é complicado e sempre estamos aquí para axudar e guiar na sinxela tarefa de publicar contenidos.

Categorías: Sin Categoria

3 comentarios

Tuso · 13-08-2010 a las 09:40

Non me cansarei de repetilo, pero gracias a ti, Antonio, por darnos este medio.
Parabens (a tod@s).

josinho · 13-08-2010 a las 18:38

Felicidades Toño e Luis

Xanma - Porto do Son · 14-08-2010 a las 18:50

Dende Porto do Son eu Juan Manuel mais a miña familia, queremos darvos as grazas por ter esta web de novas de Pontecesures todos os dias cheas de contidos…e asi poder informarnos sempre do que ocorre en Cesures!!

Seguide asi, unha aperta a todos vos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.