Nestlé obtén licenza para reformar a cuberta da nave de condensación en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A empresa alimentaria Nestlé, acaba de recibir a concesión da licenza para reformar a cuberta da nave de condensación que ten no concello de Pontecesures.
A licenza concedeuse onte tras celebrar unha xunta de goberno na que se revisaron os informes favorables desta empresa cos que contaba o técnico municipal e da comisión informativa de Obras, Urbanismo e Servizos do concello de Pontecesures.
Os tres representantes do equipo de goberno na comisión informativa de obras votaron a favor desta decisión, mentres que os dous concelleiros do BNG non asistiron á xuntanza realizada onte na Casa do Concello.

LA VOZ DE GALICIA, 14/08/10

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.