Solicitouse que se solucionen os problemas das arquetas da Avda. de Arousa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de onte o concello enviou ao Sudirecctor Xeral de Estradas o seguinte escrito:

«Asunto: Recta de Campaña na PO-548 en Pontecesures.

Nestas datas estanse a pavimentar os 560 metros que pertencen a este municipio dentro da obra de mellora da seguridad vial da estrada de referencia (o tramo que vai dende a rotonda da Charca ata a intersección coa N-550).

Pois ben; lémbrolle que, en moitas ocasións, este concello solicitou que se adoptasen medidas para reforzar as arquetas de saneamento que están no carril de circulación dereito, dirección Pontecesures-Vilagarcía, xa que o ??enrrase? de formigón das arquetas co asfalto actual rómpese e cuartéase e así co paso dos
vehículos, sobre todo de camións, hai tremores polo firme irregular que afectan ás casas da zona e que motivan queixas dos veciños. Incluso as arquetas de ferro móvense causando ruidos desagradables que impiden o lecer da xente.

Solicitamos agora, unha vez máis, que, coa nova pavimentación, esta deficiencia quede arranxada reforzándose as arquetas e o formigón de ??enrrase? para que o paso dos vehículos non cause o destrozo das mesmas e persistan os ruidos e os tremores nas vivendas.

Esta obra é moi necesaria, e xa que polo de agora non se vai acometer a obra de seguridade na PO-548, tramo de Pontecesures, (esperemos que se realice canto antes) alomenos, se deixe o noso tramo nas mellores condicións posibles.»


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.