Celebrouse na tarde de hoxe, 4 de setembro, a Festa da Bicicleta en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Houbo algo menos de participación que o último ano (pouco máis de 100 persoas) influíndo, sen dúbida, a tarde de calor que tivemos.
O premio para o participante de máis idade levouno José Tubío de 74 anos, de Padrón.
O premio para a bicicleta máis orixinal foi para Diego Galmarín residente en Pontecesures.
Os premios foron entregados pola alcaldesa, Maribel Castro, e polo concelleiro, Jesus Mª Rey Beiró. Os dous tamén entregaron varios premios sorteados entre os asistentes entre eles unha bicicleta.

Categorías: ConcelloDeportes

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.