Educación de adultos en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas de adultos, consistentes en clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Educación Secundaria para persoas Adultas (ESA) as que se poden incorporar todas aqu7elas persoas maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais kpara obter o título de Garduado en Secundaria, curso 2010/2011, e preparación para as probas libres de xuño e setembro.
Co Graduado Escolar e/ou certificado de escolaridade accédese directamente ao 2º nivel de secundaria (3º e 4º de ESO), podendo obter o título nun só curso.
As clases serán impartidas en horario nocturno.
Así mesmo, as persoas mennores de 18 anos, e maiores de 16 poderán matricularse no caso de que conten cun contrato de traballo.
Para máis información poden dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres, de 9 a 13:30 horas.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.