Algueirada participará nun festival en Tenorio (Cotobade).

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

MOSTRA TRAZANTES 2010
O vindeiro 25 de setembro Os Trazantes, grupo folclórico de Tenorio (Cotobad), celebrará unha Mostra/Festival para concelebrar con todos os amigos, veciños e familiares 25 anos de traxectoria musical e danzante.

Terá lugar no IES de Cotobade (Tenorio) a partir das 17:30h.

Acompañarán ao grupo local outros dous grupos neste evento: Rancho Folclórico de Amarante (Portugal) e Algueirada de Pontecesures.

Despois do acto festivo, ás 21h, terá lugar unha cea de confraternización no Restaurante Catavento (A Reigosa-Pontecaldelas), no polígono industrial do Campiño

Categorías: Cultura

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.