Bolsas de material escolar en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Son convocadas polo Concello de Pontecesures para os alumnos de Infantil, curso 2010/2011, e o importe é de 65 euros por menor.

Requisitos:
-Cursar estudos de educación infantil (3 a 5 anos).
-Estar empadroandos/as en Pontecesures.
-Que os ingresos netos da Unidade Familiar durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2009 foran inferiores a:
2 persoas. 8.866,20 euros
3 persoas. 13.299,30 euros
4 persoas. 17.732,40 euros
5 persoas. 22.165,50 euros
6 persoas. 26.598,60 euros
7 persoas. 31.031,70 euros

Solicitudes:
Presentaranse do 21 de setembro ao 5 de outubro acompañadas das copias e orixinais da seguinte documentación:
-DNI do solicitante e libro de familia.
-Certificado de empadroamento e convivencia.
-Xustificantes dos ingresos en 2009 de todas as persoas que conviven no domicilio (declaración do IRPF, certificación negativa, certificados de empresa, INEM, INSS, etc…).
-Xustificante do importe mensual do pago do aluguer ou do crédito hipotecario.
-Xustificante do curso no que está matriculado o/a menor.
-Datos bancarios.

Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao SSAP do Concello de Pontecsures, os luns, martes e venres, de 9 a 13 horas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.