No CPI Pontecesures vaise desenvolver o Plan de Reforzo Orientación e Apoio (PROA) neste curso.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Con satisfacción foi recibida no colexio esta boa nova comunicada pola Xunta de Galicia. Así durante as tardes dos luns, martes, xoves e venres. (de 16:30 a 18:30 horas) un profesor contratado pola Consellería de Educación impartirá clases de apoio, reforzo e hábitos de estudo a nenos/nenas de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO con dificultades de aprendizaxe. Serán os titores destes cursos os que seleccionen a estes alumnos, e os pais/nais deberán comprometerse para que os seus fillos asistan a estas clases. Terán transporte escolar gratuito os nenos/nenas que teñen dereito a este servizo nas clases de mañá en función da distancia ao seu domicilio.

O colexio está a realizar a correspondente tramitación baixa a coordinación da orientadora do centro e nun principio está prevista que asistan ás clases uns 10 alumnos de primaria e outros 10 de secundaria.

Ofertar este servizo das clases de tarde aos nenos con dificultades e un logro moi importante para o centro e para os seus alumnos. Potenciase así o CPI Pontecesures para beneficio de todos.


1 comentario

Blanco · 1-10-2010 ás 19:49

Buena noticia para recuperar a los niños que van mal, esto es muy necesario, esperemos resultados de la medida

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.