Apaixonado do fútbol que recuperou o Furia.
Se a Casa Vella é «case a miña vida», o fútbol e a paixón persoal de Xenaro Barreiro. Unha paixón que leva máis aló da afección exercendo como apóstolo do balompé entre os seus veciños. Así foi como, xunto cun grupo de amigos, se decidiu durante unha desas boas comidas e fartura e conversa a recuperar o Furia, un equipo desaparecedo durante a Guerra Civil. Era o ano 1996, e o Furia se nutriu case ao día seguinte dunha boa canteira da man da asociación de pais de alumnos do colexio de Baño. O maior porblema do club, o trato discriminatorio que, denuncia Barreiro, ten o concello de Valga, favorecendo, afirma o veciño Cordeiro, «onde adestra o fillo do alcalde», sinala o rexente da Casa Vella. «Nós temos un campo en Campaña, no que non podemos practicamente cobrar entrada porque ten unha rexiña pola que se ve todo, mentres o Cordeiro xoga no campo de arriba», con moitas máis comodidades. No Furia, Barreiro viviu o episodio máis feliz da súa vida pública. «No ano 97 tiñamos tres nenas no equipo cadete. Pxémolas a xogar cos rapaces. e na Federación Galega dinnos que non podían. Empezamos a recorrir, a recorrir e a recorrir. Presentamos informes de sociólogos, psicólogos e pedagogos. Ata que conseguimos que en todas as competicións deportivas dependentes das federacións galegas poidan xogar homes e mulleres sen distinción. Inda o outro día me chomou a nai dunha rapaza de Asturias para preguntarnos polo caso porque vira a nosa web». «Foi unha época marabillosa», rememora.
LA VOZ DA GALICIA, 02/02/10
0 comentarios