Mañá, 12 de outubro, festividade do Pilar en San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Polá maña haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas “Xarandeira” de Pontecesures.
Ás 12:00 horas terá lugar a Misa Solemne na Capela de San Xulián que será oficiada polo Párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, e cantada pola Coral do Liceo Marítimo de Rianxo.
De seguido sairá a procesión coa imaxe da Virxe do Pilar e, para rematar os actos, actuará o grupo de baile “Xarandeira” de Pontecesures.

Organiza os actos a Asociación de Veciños de San Xulián, que convidou aos mesmos a todos os membros da corporación municipal de Pontecesures, e tanto o custo da misa como o do coro corre a cargo de Lucía Pardal Miguéns.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.