O problema de deixar os cans abandoados.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O pasado venres, 8 de outubro, o 112 chamou á Policía Local de Pontecesures, alertando de que un can fora atropelado onde comeza a PO-548 Pontecesures-Vilagarcía (Avda. de Arousa) e estaba ferido na estrada. O animal, un palleiro noviño duns seis meses sen distintivo identificativo algún, foi recollido na casa dunha veciña e non andaba, pois tiña un forte golpe nas patas traseiras e estaba asustado. O sábado, desprazouse o veterinario á vivenda xunto con un axente da Policía Local, o can comezou a recuperarse, e no día de hoxe, 14 de outubro foi trasladado polos servizos municipais á canceira de Vilagarcía, logo de realizarse as xestións oportunas, facéndose cargo o concello do custo do ingreso que ascendeu a 60 euros. Por suposto, dironselle as grazas á veciña que coidou tan ben ao animal nestes días.

Categorías: Curiosidades

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.