Realízanse diversos traballos na rede de saneamento de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Onte e hoxe, un camión cisterna realizou diversos traballos en Pontecesures para limpar tubarías de alcantarillado e para eliminar atrancos. En concreto actuouse nas rúas Sagasta, Víctor García, San Lois, na Avda. de Arousa e no Telleiro.
Tamén estaba obstruída a fonte de San Xulián, fronte ao cemiterio parroquial. Houbo varias queixas de veciños pois é una fonte moi utilizada. Foron eliminados os atrancos que tiña coa actuación do camión cisterna e xa hoxe mana auga do cano. Parece que ultimamente as fontes están a dar problemas, pois hai uns días tamén foi arranxada a fonte coñecida como a de “Zabala”, a carón da N-550, que quedou sen auga por mor dunha obstrución con diversos materiais.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.