ADIF arranxa o alumeado da marquesiña principal da Estación de FFCC de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Logo de solicitalo o Concello de Pontecesures, nesta semana persoal dependente de ADIF procedeu ao arranxo deste alumeado que presentaba deficiencias nos últimos tempos. Agora quedan pendentes algúns traballos de limpeza no andén segundo.
O concello agradece a ADIF a rápida reacción, engadindo que pretende que se manteñan o mellor posible os espazos ferroviarios para fomentar o uso do tren. Lémbrase que o aumento de viaxeiros que suben ou baixan na estación de Pontecesures é notable durante este ano 2010.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.