O cemiteiro municipal de Pontecesures acondicionado para as celebracións destes días.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Nos derradeiros días remataron diversos traballos de acondicionamento no Cemiterio Municipal de Condide por parte do persoal do obradoiro de emprego “Pontecesures II” e do propio concello. O módulo de xardiñería forestal tiña incluida entre as súas actuacións este acondicionamento, tanto nos interiores como nos exteriores do recinto.
Acondicionouse tamén a zona de aparcadoiro e fixéronse tamén melloras no alumeado.

Por outra banda, o concello puxo en servizo, como outros anos, o alumeado público para estes días no cemiteiro parroquial de San Xulián.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.