Accidente laboral esta tarde en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 16:30 horas un traballador da empresa Sebagasa, encargada da sinalización da Nacional N-550, foi alcanzado polo camión da propia empresa PO-2269-BN, na rampla de entrada ao garaxe da vivenda situada no nº 1 da rúa José Novo Nuñez, moi preto da ponte interprovincial, (indo para Padrón, a dereita, onde estivera hai bastantes anos o comercio «Deportes Río Ulla»). Tres traballadores da empresa estaban a realizar os traballos e cando un deles estaba na rampla, foi baixando lentamente o camión, sen ninguén na cabina, e atrapou ao traballador, un xoven de Vigo de 32 anos de idade, contra a casa causándolle danos nun hombreiro, na cadeira e nunha perna.
Acudiron á zona unha ambulancia medicalizada e incluso un helicóptero d0 112 que aterrou no Campo da Insua. Atendido na ambulancia o ferido, que ía conscente, non se precisou o seu traslado por vía aérea e foi evacuado en ambulancia para o Hospitál Clínico de Santiago.
Instruiron as dilixencias axentes da Garda Civil de Tráfico, coa colaboración da Polícia Local de Pontecesures.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.