«A miña idea é vivir da escultura, para iso loito».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Miguel Ángel, escultor padronés, fai en Compostela a súa primeira exposición individual.

MIGUEL ÁNGEL VIGO Escultor e pintor

No Centro Sociocultural do Ensanche este artista padronés, de 29, anos, ofrece a primeira exposición individual, que finaliza o día 26. Estudou Artes Aplicadas da Escultura no centro Mestre Mateo de Compostela, e en Friburgo (Alemaña), e Belas Artes en Pontevedra, e participou en varias mostras colectivas, entre elas Miraxes , de artistas emerxentes galegos e portugueses.
-¿Que resposta ten nesta primeira exposición individual?
-Na primeira semana a xente respondeu ben. Esta é unha exposición feita para este lugar concreto, que non é unha sala de exposicións ao uso, como poden ser unha galería ou un museo. Pensei estas pinturas e esculturas para as persoas que visitan o centro sociocultural, que son xente nova e maior que interactúa co espazo. Por iso hai diferentes temas, que se recollen no título Trazos, Anacos e Bosquexos .
-Utiliza diversos materiais nas esculturas…
-Hai traballos en pedra, ferro, resina de poliéster, fimo ou caolín branco. O material condiciona moito unha obra, e espero que os visitantes a entendan e a aprecien.
-¿Pensa vivir da arte?
-Sei que é difícil. Hai escultores consagrados que se dedican ao ensino ou a outras profesións; e máis nunha crise como a actual, cando a arte se resinte, non en creatividade aínda que si á hora de vender. A miña idea é vivir da escultura, para iso loito. Traballo en ideas máis temáticas para levar a galerías, e na procura dunha linguaxe que chegue ao espectador.

Categorías: CulturaPersoeiros

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.