Infraestruturas ferroviarias.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na noite do día 10 de novembro, unha filla miña de 14 anos que xoga no equipo cadete de baloncesto do Cortegada, logo de adestrar, presentouse, na compaña dos pais doutra nena que a levaron en coche, na Estación de FF.CC de Vilagarcía de Arousa para tomar ás 23:14 horas o tren e chegar a Pontecesures, onde vivimos, ás 23:32 horas.
A nena observou como a porta principal do vestíbulo da estación estaba pechada e non había persoal no recinto nin tampouco viaxeiro algún. Deste xeito os pais da outra nena, víronse na obriga de traela por estrada a Pontecesures sen pode subir no tren.
Realmente resulta decepcionante observar como se está a destruir o servizo ferroviario. Foron pechándose estacións e abandonándose as instalacións ferroviarias. E incrible pensar que ata en Vilagarcía haxa dificultades para tomar un tren. Obviamente resulta tremendamente incómodo e perigoso estar nunha estación pantasma coa noite avanzada, sen servizo de seguridade, e co edificio da estación pechado. ¿? así como se potencia o transporte público?.
Parece que o único que interesa é que entre en servizo a alta velocidade, aburrindo aos usuarios do ferrocarril das pequenas vilas como Pontecesures para que desistan de utilizar este medio de transporte que é fundamental para o futuro por razóns medioambientais, económicas e de seguridade.
Hai un serio risco de que en Pontecesures, cando entre en servizo a alta velocidade, nos quedemos sen un servizo co que contamos dende hai máis de 100 anos. Sería terrible para toda a comarca perdelo. Dende aquí quero facer un chamamento ás autoridades para que se aposte en serio polo ferrocarril e conservemos un tren de proximidade pola vía actual. O progreso non nos pode levar a perder as comunicacións. Sería un erro imperdoable que pagarán a nosa xeración e a dos nosos descendentes.

María Teresa Gil García (Veciña de Pontecesures)
DIARIO DE AROUSA, 13/11/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.