Mañá presentación do programa “Repoblar” en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Deputación de Pontevedra está a despregar na provincia, a través do proxecto Wimax Rural Pontevedra, una rede para cohesionar o territorio, potenciar os seus recursos e achegarlle á sociedade da información a toda a provincia.

A presentación informativa deste proxecto Repoblar en Pontecesures terá lugar o xoves 25 de novembro ás 20:45 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Estarán na reunión técnicos para explicar polo miudo o funcionamento do sistema Wimax e as distintas posibilidades de utilizacion. Dende o goberno local faise un chamamento aos veciños interesados para asistir a esta reunión.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.