A Comisión de Asuntos Xerais de Pontecesures celebra sesión hoxe, 25 de novembro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Será ás 19:30 horas, coa seguinte Orde de Día:

1. Acta anterior.

2. Escrito do Comité de Empresa do Complexo Ambiental da Mancomunidade de Concellos “Serra do Barbanza” solicitando a aprobación en pleno de moción de apoio á viabilidade da planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de Lousame e á Mancomunidade do Barbanza.

3. Moción do grupo municipal do BNG de apoio á viabilidade da planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de Lousame e á Mancomunidade do Barbanza.

Estes asuntos da planta de Lousame serán tratados no pleno ordinario que terá lugar o 29 de novembro, ás 20:30 horas.

Tamén hoxe, ás 19 horas, celebrará sesión a comisión de Obras, Infraestruturas e Serivizos, para tratar varias solicitudes de licenza de obras maiores de particulares.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.