Satisfacción no Concello de Pontecesures pola posta en marcha do Plan Provincial de Emprego 2011.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Concello de Pontecesures, xa enviou á Deputación Provincial de Pontevedra a documentación para o plan de referencia, que vai posibilitar que teñamos, dende o 1 de febreiro e por seis meses, cinco operarios de servizos para a actuación de “Acondicionamento, limpeza e mellora das vías públicas e as zonas medioambientais de Pontecesures”.

A Deputación, que contratará aos traballadores logo da presentación das ofertas nas Oficinas de Emprego para realizar a selección, financiará o 100 por 100 do custo salarial e da cota empresarial da Seguridade Social, debendo únicamente o concello proporcionar aos traballadores os medios materiais e a roupa de traballo.

O concello agradece ao organismo provincial esta iniciativa un ano máis, pola coxuntura económica que vive en xeral o mercado de traballo e porque ademais en Pontecesures teremos unha axuda moi importante para manter as zonas e as instalacións públicas nas mellores condicións.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.