Medio Rural afronta as pavimentacións da Subida ás Escolas e dun tramo da pista da Tarroeira.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural ven de comunicar ao concello que con cargo ao Plan de Infraestruturas Municipais 2010 vanse executar en Pontecesures dúas obras:

-Pavimentación da Subida ás Escolas.
-Pavimentación de pista en Tarroeira.

Na primeira das actuacións vaise mellorar o firme da rúa Raimundo García Domínguez “Borobó” que vai dende a intersección da Estrada Autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira ata o CPI Pontecesures. O treito afectado vai dende a citada intersección ata a biblioteca municipal xa que o firme actual parte do vial está moi deteriorado.

Na segunda vaise mellorar o firme nunha pequena parte da pista da Tarroeira que ten a capa de rodadura moi danada con numerosos baches, partindo da redonda de intersección coa Nacional 550, e case na liña divisoria de Pontecesures con Valga.

O importe de ámbalas dúas actuacións é de 20.163,97 euros que son afrontados pola consellería do Medio Rural na súa totalidade.

Dende o concello xa foi enviada a documentación sollicitada en canto á titularidade dos terreos e as obras van ser licitadas en xaneiro segundo as informacións que temos.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.