A Fundación Rosalía de Castro, elixida Gallego de Noviembre.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Polo seu labor na conservación da memoria da escritora, da divulgación da súa vida e obra e polo fomento da lingua e da cultura galega, as redaccións de El Correo Gallego, Galicia Hoxe, TIERRAS DE SANTIAGO, Radio Obradoiro e Correo Televisión elixiron de xeito unánime como Gallego del Mes de Noviembre a la Fundación Rosalía de Castro.

Asentada no municipio de Padrón, no lugar da Matanza, na casa onde viviu e morreu Rosalía de Castro, ten entre os seus principais fins a conservación do inmoble, o extraordinario xardín e os demais edificios que compoñen este conxunto monumental.

O coidado do mobiliario, pertenzas e recordos persoais da escritora falecida hai 125 anos, así como a conservación da súa ampla biblioteca é outro dos obxectivos da fundación presidida dende hai seis anos por Helena Villar Janeiro, quen tamén destacou como un dos fins primordiais do centro padronés o aumento do uso do idioma galego. Precisamente por iso todas as actividades promovidas pola institución cultural van orientadas á promoción desa lingua, o que non impide de xeito ningún que se promocione a obra escrita en castelán de Rosalía de Castro.

TIERRAS DE SANTIAGO, 07/12/10

Categorías: Cultura

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.