Por fin comeza a retirada dos vellos postes de Gas Natural Fenosa na rúa San Lois.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de onte, a empresa Elenor, por contrata de Gas Natural Fenosa, comezou a obra de retirada de dous vellos postes de madeira, xa escorados, que foron colocados provisionalmente, hai nada menos, que tres anos e medio na rúa San Lois de Pontecesures (practicamente no centro da vila) para alimentar a uns abonados por mor da construción dun novo edificio. Nestes postes se apoian unha maraña de cables grosos.

Tanto os postes, como o cableado transmitiron durante todo este tempo unha imaxe estética lamentable, provocando as queixas veciñais pois o edificio en cuestión leva rematado máis dun ano e canalización soterrada necesaria para a retirada dos postes e do tendido varios meses, canalización que tivo que afrontar o promotor de edificio

Esta concellería realizou varias xestións co departamento de Gas Natural Fenosa en Pontevedra, expoñendo o abuso que se estaba a cometer con Pontecesures.

Aclarado o tema do ingreso dunha cantidade mínima por parte da empresa que realizou a canalización soterrada que xurdiu por un malentendido en canto á modificación da obra proxectada nun principio, recibimos con satisfacción a nova de que a retirada vai ser unha realidade nestes días. ? moi posible que a obra remate o luns día 27 de decembro.

Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

2 comentarios

estudiante · 24-12-2010 a las 14:26

non é sen tempo, «gran xestor».

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-12-2010 a las 16:45

Efectivamente, a demora foi desesperante, «estudiante» ou «bngpontecesures», que utilizas o mesmo alcume. Pero a índa así estou satisfeito, porque non sabedes ben os escritos, chamadas e xestións realizadas ata lograr a retirada dos postes da rúa San Lois. Por certo, do BNG nunca escoitei nin chío neste tema. Nin nos medios, nin no pleno.

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.