Otilia Saborido, do Forno, premiada coa viaxe a Mallorca na Festa dos Maiores de Valga.

Otilia Saborido Eiras foi a agraciada con esta viaxe para dúas persoas, no sorteo da festa. Houbo tamén uns 70 agasallos sorteados (figuras e pequenos electrodomésticos donados pola Deputación e por casas comerciais).
Francisco Piñeiro Cordo de 93 anos (Cerneira) e Aurelia Freiría Tubío de 91 anos (Casanova) recibiron un agasallo ao ser os asistentes de máis idade.

Asemblea Xeral do Furia.

Será o 18 de xuño na Casa de Cultura de Campaña ás 21:30 horas en 1ª convocatoria e ás 22:00 en 2ª. A orde do día inclúe a presentación do balance económico e do deportivo, a demisión da actual directiva e a elección da nova, así coma rogos, preguntas e novas ideas.
A directiva lembra o abono da cota aos que non está ao día. Toda a actualidade do club está na web www.furiaac.com.

Festa de remate de tempada do Furia.

Será o 19 de xuño no campo de festas de Campaña, aínda que este ano substituirán a cea por unha comida. Para que saia todo de balde, todo o club (xogadores, directivos e corpo técnico) teñen rifas para recadar fondos. Quen desbote esta opción poderá asistir pagando 20 euros (socios) ou 25 (non socios). O prazo de inscrición remata o 15 de xuño. O menú estará composto de polbo, carne, café e sobremesa. Actuará o dúo Master.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 26/05/10

Peregrinación do Furia A.C.

Será o vindeiro 5 de xuño. Os participantes sairán ás 6 horas do campo de festas de Campaña e regresarán en tren sobre ás 19 horas. Todas aquelas persoas que queiran sumarse á iniciativa deberán comunicarllo a algún membro da directiva antes do 1 de xuño.
A participación suporá un pago de 12 euros, que inclúe o xantar no comedor universitario do Monte da condesa en Santiago, a viaxe en tren e un agasallo conmemorativo. Non faltará o coche oficial de apoio.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 26/05/10

El equipo infantil del Cordeiro asciende a primera categoría.

El equipo infantil de Cordeiro subió a 1ª categoría despues de vencer contundentemente 4-0 al Calo, a pesar de que sólo necesitaba un punto para certificar el ascenso. Los campeones de liga no dieron opción a la sorpresa y su dominio fue absoluto durante todo el encuentro. Adrián, Lois (2) y Noé fueron los goleadores. El Cordeiro logró un ma´s que merecido ascenso después de firmar unos números de película con 23 victorias y 3 empates en los 26 partidos de la temporada.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 26/05/10