Sigue muy grave el conductor del coche en que perdió la vida un joven en el accidente de Valga.

El conductor del coche en el que perdió la vida un joven en el accidente que tuvo lugar en la madrugada del lunes en Valga continúa en estado muy grave ingresado en el hospital Clínico de Santiago. Es el que se encuentra en estado más crítico de los seis supervivientes del suceso, aunque en el centro hospitalario de la capital de Santiago continúan ingresadas dos víctimas más: una joven que circulaba en el tercer coche siniestrado y el conductor del Renault Megane que, supuestamente, fue el causante del accidente por adelantar a un camión en línea continua.
El pronóstico del conductor del vehículo en el que perdió la vida F.J.G.F., de 24 años, es reservado, lo mismo que el de A.M.C., la única chica que todavía continúa hospitalizada de los cuatro que viajaban en el Ford Focus contra el que chocó el Megane. Por su parte, F.C.O., el conductor de Renault, Laguna sigue muy grave. Las otras tres víctimas del siniestro, vecinos de Caldas y de Barros, ya recibieron el alta.
Un choque brutal
El accidente tuvo lugar pasadas las cinco y media de la madrugada en el alto de A Medela, en Valga. Si ocurrió como indicaron los testigos, se produjo cuando O.P.C., que conducía un Megane, superó un cambio de rasante y se dispuso a adelantar a un camión en línea continua. Al invadir el carril contrario chocó contra el vehículo en el que circulaba como copiloto la víctima mortal, y posteriormente contra otro coche que también iba de frente y en el que viajaban cuatro personas.

LA VOZ DE GALICIA, 09/03/10

Louzán e a secretaria provincial do PP reunirase coas xuntas locais para nomear candidatos para as municipais.

A secretaria xeral do PP provincial de Pontevedra, Begoña Estévez, salientou hoxe que o obxectivo do PP de cara ás vindeiras eleccións municipais de 2011 non se vai centrar ??en descabezar a ningún outro grupo político, xa que para iso xa se bastan eles sós coa súa xestión?, senón en tratar de ofrecer en todos e cada un dos concellos da provincia os mellores equipos e os mellores programas.

Nunha rolda de prensa previa á segunda reunión do Comité de Dirección do PP provincial, na que se comezaron a perfilar os prazos e as estratexias para a designación dos candidatos de cara ás vindeiras eleccións municipais, Estévez incidiu en que a ??idea dos populares como partido é ofrecer solucións reais e concretas para cada un dos concellos en función das súas necesidades?.

Con este obxectivo, membros da directiva provincial do PP, encabezados polo propio presidente do partido, Rafael Louzán, e a secretaria xeral, están realizando desde o mes de xaneiro reunións con todas as xuntas locais dos concellos, co obxectivo de recoller as súas demandas e escoitar a percepción que os militantes e afiliados teñen das necesidades de cada localidade.

Segundo asegurou Begoña Estévez ??esta é a única maneira de manter vivo o partido? e facilita, ademais, a elaboración de ??alternativas de goberno claras para resolver os problemas de cada concello?. A secretaria xeral do PP recalcou que ??a nós non nos sobra ninguén nin temos fixación persoal con ningunha cabeza visible doutro partido, porque o que queremos é centrarnos nas propostas que imos facer e nesa liña estamos a traballar?.

CANDIDATURAS
Con respecto ás candidaturas para os próximos comicios municipais, o PP provincial traballa coa idea de combinar a experiencia coa renovación o que, segundo asegurou Estévez, implicará cambios nas cabezas de lista de varios municipios.

Esta foi, precisamente, unha das liñas de traballo do Comité de Dirección celebrado esta tarde, no que se comezaron a perfilar ??aqueles concellos onde pode haber un posible cambio de candidatos ou a incorporación dalgunha persoa nova, co obxectivo de marcar o camiño e delimitar que concellos son os máis urxentes e en cales se require dunha actuación máis inmediata?.

Páxina oficial do PP de Pontevedra
03/03/10

Mª Fernanda Cimadevila, profesora no obradoiro de emprego de Pontecesures.

Das tres persoas que pasaron á entrevista de selección que se celebrou hoxe en Vigo só se presentaron dúas. Non o fixo, Manuela Boga Fernández, que tiña a mellor nota de currículo (4,09 puntos).

Presentáronse así dúas aspirantes que levaron a mesma nota na entrevista (2,45 puntos). Como Mª Fernanda Cimadevila Caamaño, tiña de currículo 3,42 puntos, mentres que Mª Josefa Somoza Longo, tiña 1,50, a primeira tivo a mellor puntuación global e resultou elixida polo grupo de traballo mixto.

A xornada de traballo é de seis horas semanais.

Hoxe seleccionan á profesora de adultos do obradoiro de emprego de Pontecesures.

A lista de aspirantes presentados publicada para esta plaza de educación compensatoria para os alumnos do obradoiro de emprego “Pontecesures II”, e que prestará servizos perante 6 horas á semana é a seguinte:

Boga Fernández, Manuela. Puntos do currículo 4,09
Caamaño Ferreirós, José Manuel. Non cumpre
Cimadevila Caamaño, Mª Fernanda. Puntos do currículo 3,42
Moreiras Ramos, Daniel. Non cumpre
Rogel Cancelo, Sara. Non cumpre
Somoza Longo, Mª Josefa. Puntos do currículo 1,50

Pasan así á entrevista, que se celebrará hoxe en Vigo, as tres candidatas puntuadas.

Ás 10:00 h. será entrevistada Manuela Boga; ás 10:15 h. Mª Fernanda Cimadevila, e ás 10:25 h. Mª Josefa Somoza.