Traballos de limpeza do saneamento en Redondo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No día de onte e hoxe, unha cisterna tivo que realizar tarefas para limpar o saneamento nun tramo da rúa Redondo (na N-550) nun tramo que vai dende o Restaurante Casa Gómez ata a intersección coa rúa Doutor Mosquera (marxe esquerdo, dirección Valga). O saneamento estaba cheo de area e obxectos arrastrados polas augas que provocaban atascamentos. Esta é unha zona problemática con pequenos asolagamentos na estrada que poden crear problemas na circulación.
Os traballos rematarán mañá, limpando un tramo entre a rúa Doctor Mosquera e a Tarroeira.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.