Arranxado o pantalán para o uso do Club Náutico.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Xa hai varios días que foi arranxado esta pantalán instalado recentemente por Portos de Galicia para o uso dos deportistas do Club Náutico de Pontecesures. O pantalán xa fora arranxado nunha ocasión pola empresa adxudicataria, pero a forte corrente nos meses de decembro e xaneiro motivou o afundimento dunha boa parte da plataforma coas conseguintes queixas dos usuarios.
Dende o concello fixéronse as xestión oportunas diante de Portos de Galicia para que, canto antes, foran arranxadas as deficiencias pois senón a plataforma quedaría inservible en pouco tempo.
Pois ben; os traballos foron realizados incrementándose a flotabilidade de toda a plataforma. Agora os flotadores da punta van nunha especie de forma de cuña, impedindo que a forza das correntes afunda o pantalán, xa que neste caso, incluso podería elevarse un pouco da auga.
Dende o concello agradése a Portos de Galicia e á empresa adxudicataria a celeridade no arranxo.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.