O Espolón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Co nome do Espolón bautizaran aquela nacente Asociación de Veciños. A única que se constituía no casco urbano padronés. Isto acontecía en abril do 1997. A presidía José Rey, actualmente concelleiro do PSOE. Con el o doutor Villar Piñon, e outros. Tiñan interesantes proxectos, aparte de ter organizado aquela escenificación teatral dirixida polo artista César Lombera no río Sar ao pé da igrexa parroquial rememorando a chegada da barca co corpo do Apóstolo Santiago ata o Pedrón, e que incomprensiblemente deixou de seguir celebrándose nen siquera neste ano Santo Xacobeo recen rematado.

Outra que pudo ser gran idea era crear un circuito con microbús polas aldeas do municipio para facilitar os desprazamentos ata a capital do Sar, para apoiar ao pobo, principalmente ao comercio e hostalería. O que mais tarde veu a facer Santiago atraéndose con acerto os pobos da comarca .

Mais os nosos políticos desperdiciaron unha vez mais as oportunidades de relanzar dende as suas posicións nas respectivas Corporacións un pobo que así como no eido cultural ten alcanzado as mais elevadas cotas, quedou en cambio no furgón de cola do desenvolvemento urbanístico con respecto a pobos semellantes e aínda a outros recoñecidos de menor entidade.

Pero ós políticos de Padrón, como a maioría doutros sitios, que cando chega a época das eleccións non se cansan de ofrecer proxectos e melloras para o pobo, a euforia de cando toman posesión dos cargos debe causarlles algún estrano efecto que lles perturba a memoria, e ata non son capaces de unirse e poñerse de acordo cando de defender os intereses do pobo e polo tanto dos cidadáns que lles otorgaron o voto se trata, perdendo o tempo a maioría das veces en bizantinas discusións entre partidos políticos e en menoscabo do ben xeral do pobo.

E como sole dicirse,»xa podían ir cambiando de actitude …».

José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO. 08/02/11

Categorías: Opinión

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.