Mañá, 18 de febreiro, entrega de diplomas do Curso de Informática para Mulleres en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Este curso organizado polo Concello de Pontecesures dentro do Plan Concertado de Servizos Sociais, estívose a desenvolver durante as últimas semanas (dúas horas, dúas mañás á semana, 30 horas en total) na Biblioteca Municipal e superaron o mesmo 14 mulleres de Pontecesures.

Mañá ás 12:00 horas da mañá, serán entregados os diplomas na Casa do Concello.

O goberno local quere salientar a importancia destes cursos. Ademais do labor formativo para as alumnas, potenciase o uso da bilioteca municipal como instalación formativa para a veciñanza.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.