Arranxada a tirolina do xogo principal do parque “Vicente Moure”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Un dos madeiros de apoio estaba roto pola base hai un tempo. No día de hoxe foi substituído e aproveitouse o traballo para tensar a tirolina que estaba frouxa. Nos vindeiros días repasarase algún outro elemento deste xogo. Leva colocado moitos anos e o deterioro é apreciable. Posiblemente hai que ir pensando xa na renovación nun futuro máis ben próximo.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.