Biblioteca do Padre Isorna.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O pasado mércores fun convidado ao acto de inauguración da biblioteca Padre Isorna, do cal de sentín moi louvado de que se me invitara dende o Concello, xa que estou a favor da cultura e dos bos proxectos e, como non, desta iniciativa do Padre Isorna que, nunca mellor dito, hai poucos pais que poidan deixar esta herdanza tan por enriba do material.
Nun pobo democrático temos que ser tolerantes e demostralo, non sirve con ir de abandeirados e logo, na práctica, facer todo o contrario precisamente por ser de ideoloxías distintas. Este acto, tan cheo de xenerosidade por parte do Padre Isorna, estivo arroupado por nenos, mozos, maiores, homes, mulleres e un numeroso público que alí estaba. Sexamos conscientes dunha vez por todos e empurremos ao bo facer. Os que teñen fillos e os que temos sobriños en idades de aprender debemos apoiar a cultura para que as novas xeracións poidan ter un apoio, e que mellor que sexa no seu propio pobo.
Pos ben, eu estiven alí en calidade de amigo íntimo da familia Isorna, xa que o son dende sempre e do cal me sinto moi orgulloso. Non obstante, notei unha pequena ausencia no evento. Non quero pensar mal, pero quedei moi estrañado de que a cabeza de lista do Partido Socialista, ao cal pertenzo e non moi contento cos resultados que digamos, non estivese no evento. Como nai e como representante da xente que a votou debería estar, e posiblemente estes votantes estean a favor deste magno proxecto e lles gustaría sentirse representados alí pola súa líder, cousa que non ocorriu. Ese día era cando debía estar ??na presenteira? como diría miña nai. Debería sentirse orgullosa de que Valga conte cunha biblioteca desa magnitude, xa que poucos concellos poden contar con algo tan grandioso. Iso demostra a pouca capacidade de convocatoria que pode chegar a ter unha persoa. Aferrarse a unha ideología e non ver máis aló non di moito dunha persoa. O non ver máis aló dunha pista asfaltada ou dun camiño ??arroado? (limpo de matorrais). Jo! Que simpleza e que pouca visión de futuro podemos chegar a ter!. Non, non quero pertencer a un grupo onde non temos nada que ver. Sentiríame frustrado.
Dende aquí quero dar a miña máis sinceira felicitación ao Padre Isorna, que é o que quero resaltar, pola súa doazón desinteresada ao seu e noso pobo deste legado tan valioso e, seguramente, que tanto esforzo lle custou en toda a súa traxectoria como franciscano e de entrega aos demáis.

Carta de Manuel Castiñeiras
Concelleiro do PSdeG-PSOE de Valga

DIARIO DE AROUSA, 05/03/11

Categorías: OpiniónPolítica

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.