«Pensei que eras de esquerdas».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

«Pensei que eras de esquerdas», «Espero que te venderas ben…». Estas dúas frases, e máis outras que non poño por prudencia, foron as que me dixo unha deputada da miña comarca, da cal me sentía orgulloso, despois de dar libremente a miña opinión sobre un acto acontecido en Valga. Un acto que, a pesar de estar algún representante político eu persoalmente non o considerei político, xa que se trataba dunha doazón desinteresada para este noso concello dunha biblioteca pública. Un acto só e exclusivamente adicado ao Pai Isorna. Sobre este acto diríalle a señora concelleira que, para falar del, hai que estar nel e non sacar unha crítica de primeira man polo que poida dicir a prensa ou facer caso aos recados que nos traen.
Parece ser que confundimos todo e non sabemos ler entre liñas e logo procesamos a información como nos dá a gaña. Nestes casos hai que ter coidado de fíar moi finiño, non vaia a ser que se meta a pata. Para iso, señora deputada, ao mellor fan falla asesores que nos axuden a interpretar as cousas e non para facer un escrito. Non!!. A min non me fai falla que ninguén me diga o que teño que poñer nin nunca lle diría a ninguén o que ten ou non ten que facer. Son moi demócrata para iso. Fágome responsable de todo o que executo con feitos ou escritos. Non sinto a necesidade de que ninguén me defenda como fai vostede coa cabeza de lista do partido socialista.
E non me veña dicindo que xa non pertenzo ao partido porque lle lembro a vostede que aínda son concelleiro ata o 22 de maio, xa que fun elixido polo pobo. Do que non estou seguro é que o fora a cabeza de lista. A min non me ten que dicir ninguén a que ideoloxía política teño que pertencer. Iso si que é un insulto que non vou consentir. Señora, teño criterio e principios. Se eu non me impliquei no partido foi porque dende un principio se me anulou.
Con respecto a que «estás quedando mal no teu pobo», segundo di vostede, convídoa a que de unha volta e pregunte por Manolo o de Regina, a ver se a xente me quere tan mal como vostede di. Estas cousas, ademais dinse á cara, non vía mensaxe telefónica, eses son modos caciquís, intentar humillar a través de sms, cando hai catro anos me eloxiou ata a saciedade. Polo cargo político que ostenta ten que estar a outro nivel. Esa política que vostede exerce quedou nos 80. Empece a evolucionar, senón mal a vexo.

Manuel Castiñeiras
Concelleiro do PSdeG-PSOE de Valga
DIARIO DE AROUSA, 10/03/11

Categorías: OpiniónPolítica

1 comentario

Cara de cona · 11-03-2011 a las 19:33

Vaia plumilla agora este Castiñeiras…….calou en catro anos pero esta amenizando a campaña….carta vai e carta ben….lárgalle a Cajide de collóns…..crian corvos e logo……todo moi negro e Maneiro escarallandose de risa…….en Valga sempre hai maniobras soterradas….

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.